Despacho

Pals Avogados e Asesores legais é un despacho fundado por Xosé Manuel Pacho, e radicado en Ourense que conta con máis de vinte anos de experiencia profesional en Galicia e no resto do Estado, centrándose nos diferentes campos do dereito práctico.

 

Ofréceselle ao cliente un servizo xurídico integral que trata de dar resposta ás diferentes necesidades actuais de cidadáns e pequenas empresas.

Quen Somos

Xosé Manuel Pacho Blanco

 

Doutor en Dereito. Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo e Graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola UNED. Con máis de vinte anos de exercicio profesional, neste momento en excedencia, e profesor doutor de  Teoría do Dereito na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.

 

Ten publicado diferentes artigos e monografías sobre cuestións xurídicas tanto a nivel nacional como internacional.

José Manuel Fernández Soto

 

Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo, e Premio extraordinario de Licenciatura ao mellor expediente académico.

 

Avogado en exercicio dende o ano 2014.

Miriam Núñez Fernández

 

Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo, e Escola de Práctica Xurídica Pérez Ávila. Colexiada na Ordem dos Advogados de Portugal dende o ano 2012.

New Project (8)

Sergio Hidalgo Alonso

 

Licenciado en Dereito no CEU. Avogado en exercicio dende setembro de 1996 no Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, especializándose en Dereito Civil e Mercantil. Ten sido Presidente da Confederación Española de Avogados Novos, formando parte tamén do Pleno do Consello da Avogacía Española, así como en diferentes comisións do CGAE.

 

Ten escrito diversos artigos en revistas xurídicas vencelladas coa profesión, e participado en numerosas conferencias e mesas redondas. Foille concedida no ano 2010 a Cruz ao Mérito polo servizo á Avogacía Española.

 

Colaborador.